luns, 4 de agosto de 2008

AGOSTO

Agosto é o oitavo mes do ano no Calendario Gregoriano e ten 31 días. Foi nomeado na honra do emperador romano Augusto Octavio (Augustus Octavius). Anteriormente o mes tiña o nome de Sextilis, pois era o sexto mes do ano romano que empezaba en marzo, mais foi renomeado por ser o mes no que morreu Cleopatra, e como imitación do que se lle fixo ó seu "pai" XULIO CÉSAR.
DENARIO DE AUGUSTO S I A.D.
No anverso a inscipción fai referencia os títulos imperiais: DIVUS AUGUSTUS PATER PATRIA
DIVINO AUGUSTO PAI DA PATRIA.
No reverso PROVIDENTIA: a personificación da previsión e da providencia unha cualidade de vital importancia para un gobernante, como se nos presenta Augusto. Non hai que esquecer como xa comentamos que esta é a imaxe que do Emperador terá o 99,9% da poboación do imperio e incluso da poboación da cidade de Roma.

1 comentario:

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.