luns, 18 de agosto de 2008

24 de agosto do 79 d. C..

A cidade de Pompeia, xunto con Herculano e moitos outros lugares máis pequenos e situados ao redor da Baía de Nápoles, foron municipios romanos destruidos pola erupción do Vesubio no ano 79.

A erupción foi descrita por Plinio o Xove, cuxo tío Plinio o Vello morreu despois de realizar varias viaxes pola baía cunha flota de barcos de pesca para salvar algunhas persoas que estaban pechadas nos pobos costeiros.

A"nube" sobre a que escribiu Plinio coñécese actualmente como fluxo piroplástico, unha nube de gas, cinza e rocha sobrequentados que é expulsada por un volcán. Plinio constatou que houbo varios tremores de terra antes e durante a erupción. Tamén anotou que as cinzas caían en capas moi gordas e Miseno tivo que ser evacuada.
A súa descrición reflectía o feito de que o Sol foi bloqueado pola erupción e a escuridade reinaba en pleno día. O seu tío Plinio o Vello partira en varios barcos (Miseno encontrábase frente a Pompeia, ao outro lado da baía) coa intención de investigar o fenómeno. Plinio o Vello morreu aparentemente por asfixia causada polo dióxido de carbono tras desembarcar.

Ningún comentario: