domingo, 16 de decembro de 2007

LECTURAS DE NADAL

As veces no sabemos que pedir, un pouco cansos xa dos regalos típicos, así que como xa coñecedes un pouco da primeira obra, podendes seguir investigando na narrativa de Pérez Reverte, moi útil desde o meu punto de vista para un acercamento histórico á España do século XVIII. Un libro sempre é un bo regalo.
As aventuras do Capitán Alatriste, serven de percorrido preciso sobre as Españas dos derradeiros Austrias desde o punto de vista social e político.
http://www.capitanalatriste.com/aventuras.html


La Sombra Del Águila.
Autor: Arturo Pérez-Reverte.
Editorial: Alfaguara.
I. S. B. N.: 8420481327.

Arturo Pérez-Reverte é un escritor que nos sorprende gratamente en cada un dos seus libros. E "La Sombra Del Águila" non ía ser unha excepción.
Fiel ao que nos ten acostumados, atopámonos nesta ocasión cun relato vivo, divertido, ameno e entrañable dunha situación acaecida durante a época da expansión imperialista de Francia. Neste libro deléitanos cunha marabillosa narración na que se mesturan un intento de deserción en pleno campo de batalla, unha torpe interpretación do mismísimo Napoleón Bonaparte ante o devandito acto que ocasiona unha das máis cómicas visións que un pode ter do asunto, e un grupo de prisioneiros de guerra españois que son os protagonistas da acción e polos que o lector só pode sentir unha simpatía allea normalmente a aqueles que intentan pasarse ao outro lado.
Se hai un aspecto polo que destaca a súa traxectoria literaria é polas súas incursións na Historia a través de personaxes e situacións ficticios. E iso é o que acontece aquí, que a historia é ficticia aínda que se basea nun feito real.
Podo asegurarvos que sen dúbida ningunha "La Sombra Del Águila" traeme sempre un sorriso a miña mente cando recordo a súa lectura.
Os que non lestes aínda nada de Pérez-reverte este libro pode abrirvos as portas a un dos universos literarios máis interesantes que hoxe en día podemos atopar dentro do panorama literario mundial en lingua española. Para os que xa o coñecedes, este libro é unha desas aventuras que co tempo un se alegra de ler, e que volve reler ocasionalmente.
Non nos enganemos, non é unha desas obras de culto. Pero si unha das máis simpáticas que este autor escribiu ata a data.
Se tedes a oportunidade de lelo, non o dubidedes. É unha obra xenial.
CABO TRAFALGAR
AUTOR: A. PÉREZ-REVERTE
EDITORIAL: ALFAGUARA
ISBN: 8420467170.
Cabo Trafalgar é unha novela escrita por Arturo Pérez-Reverte no ano2004. Esta novela valeulle ser condecorado no ano 2005 coa Grande Cruz ao Mérito Naval, a máis alta distinción outorgada pola Mariña para un civil.
Inspirada na batalla de Trafalgar na cal se enfrontou a escuadra inglesa comandada polo almirante Horacio Nelson e a escuadra combinada franco-española baixo o mando do almirante francés Pierre Charles Silvestre de Villeneuve o 21 de octubre 1805
A novela narra, dende un punto de vista español, a participación no combate do navío español "Antilla" e a súa tripulación, especialmente do seu comandante Carlos de la Rocha, o gardamariña Ginés Falcó e o mariñeiro Nicolás Marrajo Sánchez, recrutado á forza como moitos outros tripulantes dos barcos españois. Estes dous últimos serán os únicos sobrevivientes de toda a tripulación.
Se ben en Trafalgar nunca loitou un navío camado Antilla, a liberdade do novelista para utilizar a ficción permitiu a súa existencia. Non obstante, o autor tratou de expoñer o resto do narrado no libro (os nomes, os barcos, as tácticas, os feitos) empregando rigorosa documentación histórica.
O autor emprega unha linguaxe coloquial que en ocasións pode ser ata ofensiva pero comprensible e adecuada para expresar os sentimentos das tropas españolas e implementar a novela tanto con vocábulos ingleses e franceses como xerga
gaditana, emulando así o nivel dialéctico da dotación dos buques españois e franceses.
Este libro foi editado como unha homenaxe ao bicentenario do combate naval "máis famoso da historia", tal como o cualifica o mesmo libro.

xoves, 13 de decembro de 2007

O DESCANSO DO GUERREIRO


25 de decembro,
Antigamente festexábase a festa do deus do sol que era "Mitra".Este era un deus persa, e os romanos habían adoptadoran ese costume.
Despois do traballo deste trimestre ben merecemos un momento de repouso e tranquilidade.
Aos que superan a materia, parabens, e para os que neste momento non a superaron, pensade en que os pasos atrás valen para coller máis impulso.
Como sempre, ánimo, espero o mellor de todos vos.
E Bo Nadal, ou tamén que pasendes unhas moi felices festas de Mitra. ( Para os de Cultura Clásica)