mércores, 23 de abril de 2008

DÍA DO LIBRO

UN LIBRO ABERTO É UN CEREBRO QUE FALA; PECHADO, UN AMIGO QUE ESPERA; ESQUECIDO, UN ALAMA QUE PERDOA; DESTRUÍDO UN CORAZÓN QUE CHORA.
Proverbio Hindú

FELICIDADES TAMÉN OS XURXOS, JORGES, E JORDIS

mércores, 9 de abril de 2008

PAUTAS PARA O TRABALLO DE HISTORIA

As pautas son as de sempre, e son de caracter formal:

TIPO DE LETRA OU ARIAL OU NEW TIMES ROMAN, DE 12 OU 14 PUNTOS E UN INTERLINEADO DE 2 COMO MÁXIMO.

A forma de presentalo está no arquivo da Blog publicado o 23 de Novembro de 2007

Cada un debe buscar o fío argumental do seu traballo, baixo o título de A GUERRA DE INDEPENDENCIA EN GALIZA, Canto máis os centredes na nosa comarca mellor. Este traballo é máis complicado porque é de investigación persoal e tamén fixestes un antes, e..Hai que mellorar sempre
Moito ánimo

Panteón Clásico


Zeus: Gobernante do Olimpo. O seu trono era de mármore negro decorado con ouro.





Hera: Esposa de Zeus. Raíña do Olimpo. O seu trono era de marfil.







Poseidón: Deus dos mares e os ríos. O seu trono era de mármore verde e gris decorado con figuras mariñas.





Deméter: Deusa das froitas, herbas e cereais. O seu trono era de malaquita con espigas de cebada e cerdos dorados.





Hefesto: Deus dos orfebres, ferreiros, carpinteros, albaneis e xoieiros. O seu trono estaba fabricado de metais e pedras preciosas.



Atenea: Deusa da sabidoría. O seu trono era de prata.





Afrodita: Deusa da beleza e o amor. O seu trono era de prata con berilio e aguamarina.

Ares: Deus da guerra.O seu trono era de bronce, decorado con calaveiras.





Apolo: Deus da música e a poesía. O seu trono era de ouro pulido.





Artemisa: Deusa da caza e das rapazas solteiras. O seu trono era de prata forrado con pel de lobo.
Hermes: Deus dos comerciantes, os banqueiros, os heraldos, os ladróns e os adiviños. O seu trono estaba esculpido en roca gris.




Hestia: Deusa do fogar. O seu trono era de madeira.






Dionisos: É considerado promotor da civilización, lexislador e amante da paz, así como deus protector da agricultura e o teatro.



I Guerra Mundial

Atopei unha Blog moi interesante da I Guerra Mundial. Podedes consultar datos puntuais e batallas concretas que non nos podemos deter nelas en concreto. Imaxes e curiosidades sobre a vida de trincheiras

http://www.1914-18-primera-guerra-mundial.blogspot.com/