martes, 5 de febreiro de 2008

Unha explicación da orixe do Entroido


A socióloga Nieves Amado explicou que o sentido desta celebración é reproducir un antigo rito agrario «de entrada na primavera e non como din algúns, de entrada na Coresma», agregou.
«O significado da palabra orixinal Entroitos parece ser a introdución no ano e isto non se reflicte só nesta festa pagá do Entroido senón tamén na dos maios de Ourense e nalgunhas relixiosas como a de San Blas e a Candelaria».
Segundo Amado, os romanos empezaban o ano en marzo e ese pode ser tamén a orixe da celebración desta «entrada nunha época nova, na que a natureza esperta e as comunidades rurais comezan os traballos agrícolas».
En relación aos diversos elementos do luns «borralleiro» de Laza, Amado sinalou que as formigas simbolizan a fertilidade da terra e o seu lanzamento «é unha forma de invocar ás boas colleitas».


A presenza dunha vaca de madeira, denominada «morena» en Laza, simboliza, segundo Amado, tamén a fertilidade, pero no mundo dos humanos, «por iso a morena participa no Entroido para embestir ás mulleres e levantarlles a saia, como unha forma de espertar a súa fertilidade».
Amado mostrou a súa convicción de que calquera Entroido «no fondo, é unha forma clara de manter a cohesión social, é dicir, o contacto entre os veciños dunha familia e a súa relación cos demais membros dunha comunidade.


Para máis información:


Ningún comentario: