domingo, 17 de febreiro de 2008

PROBAS DO COMERCIO ENTRE A MONARQUÍA HISPÁNICA E XAPÓN



En 1614 arribaron ás beiras do Guadalquivir unha embaixada xaponesa baixo o mando do samurai HASEKURA TSUNENAGA. A súa misión era a de visitar ao rei Felipe III e ao Papa Paulo V, pero antes de chegar a Madrid, debían de resolver algúns asuntos en Sevilla, xa que todo o negocio relacionado coa Indias Occidentais (América) xestionábase na Casa da Contratación e o Consello de Indias, ambos os dous instalados na capital hispalense.
En aquela época Coria era o anteporto de Sevilla. Os barcos que navegaban polas augas do noso río, debían de pagar un canon antes de chegar a Sevilla. Segundo unha testemuña presencial da época, o médico italiano Scipion Amati aconteceu o seguinte: "Ao pouco de saír de Coria, a embaixada xaponesa puido contemplar como se lle unía moita xente que durante seis millas os acompañou ata Sevilla, aumentando en grande número ata achegarse a Triana, ata o punto de que lle impedían o paso. Tras cruzar a ponte de barcas esperábanos os máis altos dignitarios e nobres da cidade, os cales escoltaron ata o Alcázar ao estraño séquito vestido á usanza xaponesa e con rosario ao colo, entre os aplausos e vítores da xente que se amontoaba nas rúas".
Tras resolver os seus asuntos e ser recibidos polo Rei e o Papa, a embaixada xaponesa partiu de Sevilla en 1620, pero algúns dos compoñentes da expedición decidiron quedar nestas terras, así que Coria do Río foi un dos lugares de acollida destes novos veciños. As primeiras noticias en torno ao selo que esta comunidade deixou neste municipio apareceron a mediados do Século XVII no rexistro bautismal da Parroquia de Santa María de la Estrella, onde se atopou a partida bautismal dun neno que levaba o apelido Xapón, fillo dun dos xaponeses da expedición de Hasekura. Na actualidade son máis de 600 os corianos e corianas que posúen este apelido.

Ningún comentario: