venres, 6 de xuño de 2008


Diego Rodríguez de Silva y Velázquez (6 de xuño, 1599 – 6 de agosto, 1660), xeralmente referido como Diego Velázquez, foi un pintor español, o principal artista da corte de Filipe IV de España e un dos máis grandes pintores de todos os tempos. Creou escenas cunha forte impronta histórica e cultural así como retratos da familia real española e outras figuras europeas notables, a súa obra é un exemplo de constante e ininterrompido progreso que culminou na produción da súa peza mestra, Las meninas (1656). A súa obra é escasa en cantidade, un cento de lenzos, pero proba o seu actuar reflexivo.
Na súa primeira actividade en Sevilla apreciase a influencia do naturalismo escuro de Caravaggio dentro dunha linguaxe persoal volcada cara as esceas de cociña, realistas en tipos, calidades e luces cunha certa melancolía. Xa nomeado pintor da corte os seus retratos seguirían esta tendencia, son retratos que non son detallistas nin adulatorios, móvense na austeridade matizados pola cor e de actitude severa.
Durante a súa estadía en Italia (1629-1630), Velázquez adquiriu experiencia en composición e na disposición das figuras no espazo, a súa paleta faise máis clara e a pincelada máis solta, de volta a Madrid aumenta o cromatismo dos seus retratos sempre mantendo a veracidade e o respeto co retratado. Na súa segunda estadía en Italia (1649-1651) adopta difíciles combinacións cromáticas, cunha penetración psicolóxica absoluta e toque inconexo.
Nos seus anos finais aumentou o seu barroquismo, que acada o seu cumio nas Meninas e na obra de 1657 Las hilanderas, construídas a través da perspectiva aérea e dunha factura desfeita.

2 comentarios:

David dixo...

Hola manuel

soy david qeria desearte un feliz verano!!!!

Venga un saludo.

Manuel dixo...

GRACIAS, TB PARA TI. UN SALUDO Y PIENSA...