Comentario de Texto: “ ¿Que é o Terceiro Estado?”
Natureza do texto: É un texto político.
Encadre espazo temporal: 1879. Na época da Revolución Francesa. Non sabemos, se antes ou despois do estalido revolucionario que terminou co A. Réxime en Francia.
Autor: E. J. SIEYES, Intelectual francés e polo tanto burgués, pertencente o 3º Estado
Finalidade: Reivindicar a importancia do 3º Estado en Francia, tanto pola súa cantidade como pola súa calidade.
Destinatariuo: A sociedade francesa
2 COMENTARIO DE TEXTO:
A pesar de non poder asegurar se o texto é de antes ou despois de Xullo de 1789, non se nos escapa a crecente importancia que vai collendo o terceiro estado na sociedade francesa de finais do século XVIII. Son a clase social máis ampla e heterogénea do A. Réxime. Paga impostor, tanto ó estado coma a Igrexa, son a forza de traballo, a clase productiva da sociedade tanto no campo coma na administración. Son o fin e o cabo a Nación.
Nesta calse social tan ampla, hai un grupo que ten unha posición dominate sobre o resto: A BURGUESÍA. É a clase máis formada, máis capacitada para desenvolver os máis altos cargos da administración que lle está vedados por nacemento.
No texto aparecen claramente estas ideas:
“ ¿ Que é o terceiro estado?: TODO
” ¿ Que foi ata agora na orde política?. NADA
“ ¿Que pide? CHEGAR A SE R ALGO
Hai ademáis outras ideas importantes coma por ejemplo: As clases sociais privilegiadas non benefician ó Estado se non que o perjudican. (“ No basta haber demostrado…..si no debilitarla y dañarla”). É claramente unha crítica ó sistema do A. Réxime que se está convertendo nun problema para Francia. A falta de liquidez da Coroa obriga a convocar os Estados Xerais.
Pide asímesmo dereitos políticos, iguais que os das clases privilegiadas, xa que estas clases exércenos separadamente e sen importarlle nada máis que os da súa clase. Xa que a vontade da nación é a vontade común dun corpo de ciudadáns non pode expresarse a través dun corpo representativo organizado por Ordes ou Estados. A vontade política unitaria só pode expresarse nun corpo representativo unitario. Un Parlamento representativo
O texto plantexa a oposición que enfrentaba aos privilexiados cos non privilexiados e para resolverla acode ao concepto de nación que aparece como idea central do texto (“¿ Qué es una nación? Un cuerpo de asociados que viven bajo una ley común y representados por una misma legislatura.”)
As ideas expresadas no texto terían a súa plasmación práctica nos primeiros acontecimentos da Revolución de 1789, durante a reunión de os Estados Generales (se abre en Versalles o 5 de maio) cando os representantes do Terceriro Estado, igualados en número aos da nobleza e o clero, se inclinan pola reunión nunha única sala e pola votación por individuos, mientras os privilexiados desexan reunirse por separado e emitir o seu voto por estamento