

Era unha vella fortaleza que Luis XIV convertera en prisión, onde se detiña os opositores do réxime monárquico.Ademais almacenábanse alí, grans, sobre todo fariña, circunstancia que a xente aproveitou para saquear, aprovisionada con armas de diversos rexementos e coa furia da fame que os afectaba, debido ao fracaso da colleita do ano anterior, os tributos que aumentaran, o décimo que debían aboar á igrexa, e o pagamento que debían facelo ao Señor local polo uso do muíño, a prensa de lagar, o matadoiro e o forno.
Nese momento, só había sete prisioneiros, que foron liberados, e mataron o gobernador, o Marqués Bernard de Launay, o que non significou un grande logro político-social, pero foi suficiente, para que este acontecemento, significase un símbolo dos revolucionarios contra o despótico poder real.
A partir de entón, creceu a axitación social por toda Francia, atacándose propiedades privadas, a cobradores de impostos e a latifundistas, non limitándose, polo tanto, á loita contra a Coroa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario