mércores, 30 de xullo de 2008

3 de AGOSTO DE 1492





Parte para a súa primeira viaxe en 1492, con dúas carabelas e unha nao do porto de Palos de la Frontera. Unha delas, a Pinta foi construída na Galiza e levaba como piloto a un galego de Baiona: Cristobal García Sarmiento, por este motivo quizais sexa o porto elixido para regresar.
A expedición toca a illa de Gran Canaria e pon rumbo ao sudoeste; tres meses despois chega a un illeo das Bahamas ao que deu o nome de San Salvador. Continuando a navegar costeou Cuba e chegou ao Haití á que deu o nome de Hispaniola. Convencido de ter chegado á India deixa alá unha pequena colonia e regresa á Europa o 1 de Marzo de 1493. Tocando en primeiro lugar o porto de Baiona a carabela Pinta coa seguinte tripulación: Martín Alonso Pinzón, Capitán; Francisco Martín Pinzón, Mestre; Cristobal García Sarmiento, Piloto; Juan Quintero de Algruta, Contramestre; García Hernández, Despenseiro; Juan Reynal, Alguacil; Maestre Diego, Cirurxián; Juan Rodríguez Bermejo (Rodrigo de Triana), Cristobal Quintero, Gómez Rascón, Diego Martín Pinzón, Francisco García Vallejo, Juan Verde de Triana, Antón Calabrés, Álvaro Pérez, Gil Pérez, Sancho de Rama e Juan Veçano, mariñeiros; Pedro de Arcos, Fernando Medel, Francisco Medel, Alonso de Palos, Juan Quadrado, Pedro Tegero,Juan Arias e Bernal, grumetes.

Fixo trampas Colón á hora de levar a contabilidade no primeira viaxe para ser só el o que soupera a localizació exacta do continente americano?
En este enlace estúdiase a hipótese:




martes, 15 de xullo de 2008

¿ Que era a Bastilla ?
Era unha vella fortaleza que Luis XIV convertera en prisión, onde se detiña os opositores do réxime monárquico.Ademais almacenábanse alí, grans, sobre todo fariña, circunstancia que a xente aproveitou para saquear, aprovisionada con armas de diversos rexementos e coa furia da fame que os afectaba, debido ao fracaso da colleita do ano anterior, os tributos que aumentaran, o décimo que debían aboar á igrexa, e o pagamento que debían facelo ao Señor local polo uso do muíño, a prensa de lagar, o matadoiro e o forno.
Nese momento, só había sete prisioneiros, que foron liberados, e mataron o gobernador, o Marqués Bernard de Launay, o que non significou un grande logro político-social, pero foi suficiente, para que este acontecemento, significase un símbolo dos revolucionarios contra o despótico poder real.
A partir de entón, creceu a axitación social por toda Francia, atacándose propiedades privadas, a cobradores de impostos e a latifundistas, non limitándose, polo tanto, á loita contra a Coroa.

14 de Xullo de 1789


Nestes primeiros meses da Revolución francesa unha grande axitación reina en París. Na primaveira de 1789, os Estados Xerais néganse a disolverse e se transforman na Asamblea Nacional Constituínte.En Xullo o Rei Luis XVI fai vir novas tropas e destituie a Necker, Ministro popular. A mañá do 14 de Xullo, o pobo de París toma as armas nos Inválidos, para dirixirse cara unha vella fortaleza real, a Bastilla. Despois dun tiroteo sangento, se apodera de ela e libera aos poucos prisioneros que ahí estaban encerrados.A Toma da Bastilla é unha "primeira victoria" do pobo de París contra un símbolo do Antigo Réxime. Por certo, o edificio foi demolido íntegramente nos meses siguintes.

mércores, 9 de xullo de 2008

IDENTIFICA AS CORRENTES ARTÍSTICAS QUE APARECEN NOS CRÉDITOS DA SERIE " MULLERES DESESPERADAS" .

martes, 8 de xullo de 2008

CONTIDOS MÍNIMOS PARA SOCIAIS 2º E.S.O.

1) Explica que se entende por Feudalismo e en que consisten as relacións feudais.
2) Características da sociedade feudal
3) ¿Como se produciu o proceso de fortalecemento da Monarquía en Europa?
4) O S XIV, a crise demográfica da Peste Negra.
5) A Conquista Musulmana. Causas da doada expansión en Hispania.
6) Causas dos movementos migratorios e a súa expansión.
7) Principais características da economía capitalista
8) Fala brevemente dos Sectores productivos
9) A familia no sociedade actual
10) Define Cultura, e os principais elementos da Cultura.
11) Diferenzas entre Estado e Nación
12) Diferenzas entre estados democráticos e autoritarios
13) Explica os fluxos comerciais internacionais entre países desenvolvidos e subdesenvolvidos.
14) Organización política en España. Institución do Estado.
15) Características da sociedade Europea na actualidade.

luns, 30 de xuño de 2008

SETEMBRO

AS DATAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS DE SETEMBRO SON:
DÍA 1 ÁS 11:30 HRS XEOGRAFÍA HISTORIA E CC. SOCIAIS 11:00-12:30 HRS
CULTURA CLÁSICA: DÍA 3 ÁS 13:00 HRS
Recordade que están axustadas ós contidos mínimos da materia( 15 preguntas ). O exame constará de 5 preguntas.
Que teñades sorte e aproveitade o verán
Para consultas a direción de correo electrónico da dereita
Vémonos!

venres, 6 de xuño de 2008


Diego Rodríguez de Silva y Velázquez (6 de xuño, 1599 – 6 de agosto, 1660), xeralmente referido como Diego Velázquez, foi un pintor español, o principal artista da corte de Filipe IV de España e un dos máis grandes pintores de todos os tempos. Creou escenas cunha forte impronta histórica e cultural así como retratos da familia real española e outras figuras europeas notables, a súa obra é un exemplo de constante e ininterrompido progreso que culminou na produción da súa peza mestra, Las meninas (1656). A súa obra é escasa en cantidade, un cento de lenzos, pero proba o seu actuar reflexivo.
Na súa primeira actividade en Sevilla apreciase a influencia do naturalismo escuro de Caravaggio dentro dunha linguaxe persoal volcada cara as esceas de cociña, realistas en tipos, calidades e luces cunha certa melancolía. Xa nomeado pintor da corte os seus retratos seguirían esta tendencia, son retratos que non son detallistas nin adulatorios, móvense na austeridade matizados pola cor e de actitude severa.
Durante a súa estadía en Italia (1629-1630), Velázquez adquiriu experiencia en composición e na disposición das figuras no espazo, a súa paleta faise máis clara e a pincelada máis solta, de volta a Madrid aumenta o cromatismo dos seus retratos sempre mantendo a veracidade e o respeto co retratado. Na súa segunda estadía en Italia (1649-1651) adopta difíciles combinacións cromáticas, cunha penetración psicolóxica absoluta e toque inconexo.
Nos seus anos finais aumentou o seu barroquismo, que acada o seu cumio nas Meninas e na obra de 1657 Las hilanderas, construídas a través da perspectiva aérea e dunha factura desfeita.