luns, 11 de febreiro de 2008

COÑECE A HISTORIA DO APÓSTOLO SANTIAGO NUNHA VISITA VIRTUAL Ó SEU MAUSOLEO A TRAVÉS DO TEMPO ATA A ACTUAL CATEDRAL.

PREME AQUÍ:
http://www.archicompostela.org/web/catedral/index2.html

VERÁS COMO TE GUSTA!!!

martes, 5 de febreiro de 2008

o calendario romano

Aínda que parecido o xeito de contar o tempo non é igual ó noso, os romanos empezaban o ano en Marzo, que era cando se elexía os cónsules, de ahí que Xulio César se dirixira ó Senado na festividade dos Idus o 15 de Martius... e xa sabemos como rematou o conto non sí?



Se queres ver que día é hoxe no calendario romano ou Xuliano, nesta páxima pódelo saber


http://recursos.cnice.mec.es/latingriego/Palladium/cclasica/esc413ap01.htm

E para máis información sobre o calendario romano podes visitar:

http://club.telepolis.com/Latiniando/cult5.htm

Unha explicación da orixe do Entroido


A socióloga Nieves Amado explicou que o sentido desta celebración é reproducir un antigo rito agrario «de entrada na primavera e non como din algúns, de entrada na Coresma», agregou.
«O significado da palabra orixinal Entroitos parece ser a introdución no ano e isto non se reflicte só nesta festa pagá do Entroido senón tamén na dos maios de Ourense e nalgunhas relixiosas como a de San Blas e a Candelaria».
Segundo Amado, os romanos empezaban o ano en marzo e ese pode ser tamén a orixe da celebración desta «entrada nunha época nova, na que a natureza esperta e as comunidades rurais comezan os traballos agrícolas».
En relación aos diversos elementos do luns «borralleiro» de Laza, Amado sinalou que as formigas simbolizan a fertilidade da terra e o seu lanzamento «é unha forma de invocar ás boas colleitas».


A presenza dunha vaca de madeira, denominada «morena» en Laza, simboliza, segundo Amado, tamén a fertilidade, pero no mundo dos humanos, «por iso a morena participa no Entroido para embestir ás mulleres e levantarlles a saia, como unha forma de espertar a súa fertilidade».
Amado mostrou a súa convicción de que calquera Entroido «no fondo, é unha forma clara de manter a cohesión social, é dicir, o contacto entre os veciños dunha familia e a súa relación cos demais membros dunha comunidade.


Para máis información:


mércores, 30 de xaneiro de 2008

A TABULA PEUNTINGERIANA



A Tabula Peutingeriana, a única copia que se conserva dun mapa de estradas do Imperio romano do século IV. O plano é singular non só pola súa antigüidade ou polas súas medidas - -675 centímetros de ancho por 34 centímetros de alto-- senón tamén pola súa condición de guía de viaxes avant-a-lettre; ademais dos accidentes xeográficos e as principais vías para desprazarse dun punto a outro do imperio, Tabúlaa Peutingeriana inclúe información práctica sobre os lugares máis confortables para pasar a noite ou tomar un baño. Como unha guía Michelin da época de Constantino Desgraciadamente, a parte relativa á Península e as islas británicas se perdeuse: o mapa estaba enrolado e dita parte era a más externa, a que envolvía o resto do documento. De ese modo, era a parte máis exposta, de maneira que deteriorouse irremediablemente

AS LEXIÓNS DE ROMA


TEMPO DE REVOLUCIÓNS